{"id":1114648,"organo":{"nivel1":"LOCAL","nivel2":"LOUSAME","nivel3":"AYUNTAMIENTO DE LOUSAME"},"sedeElectronica":"https://sede.lousame.es/sxc/es","codigoBDNS":"913087","fechaRecepcion":"2026-06-15","instrumentos":[{"descripcion":"SUBVENCIÓN Y ENTREGA DINERARIA SIN CONTRAPRESTACIÓN "}],"tipoConvocatoria":"Concurrencia competitiva - canónica","presupuestoTotal":6000,"mrr":false,"descripcion":"Acuerdo de 9 de junio de 2026 de la Junta de Gobierno Local del Ayuntamiento de Lousame por la que se convocan ayudas por nacimiento o adopción de hijos e hijas en el Ayuntamiento de Lousame para el año 2026","descripcionLeng":"Acordo de 9 de xuño de 2026 da Xunta de Goberno Local do Concello de Lousame pola que se convocan axudas por nacemento ou adopción de fillos e fillas no Concello de Lousame para el año 2026","tiposBeneficiarios":[{"descripcion":"PERSONAS FÍSICAS QUE NO DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA"}],"sectores":[{"descripcion":"ACTIVIDADES SANITARIAS Y DE SERVICIOS SOCIALES","codigo":"R"}],"regiones":[{"descripcion":"ES111 - A Coruña"}],"descripcionFinalidad":"Servicios Sociales y Promoción Social","descripcionBasesReguladoras":"Convocatoria ayudas por nacimiento o adopción de hijos e hijas en el Ayuntamiento de Lousame para el año 2026","urlBasesReguladoras":"https://sede.lousame.es/sxc/es","sePublicaDiarioOficial":true,"abierto":false,"fechaInicioSolicitud":null,"fechaFinSolicitud":"2026-12-18","textInicio":"A partir del día siguiente de la publicación de las bases y la convocatoria en el BOP de A Coruña","textFin":null,"ayudaEstado":null,"urlAyudaEstado":null,"fondos":[],"reglamento":null,"objetivos":[],"sectoresProductos":[],"documentos":[{"id":1475979,"descripcion":"Documento de la convocatoria en lengua cooficial","nombreFic":"Certificado Acordo XGL galego.pdf","long":319042,"datMod":"2026-06-15","datPublicacion":"2026-06-15"},{"id":1475975,"descripcion":"Documento de la convocatoria en español","nombreFic":"Certif XGL para BDNS castelan.pdf","long":329628,"datMod":"2026-06-15","datPublicacion":"2026-06-15"}],"anuncios":[{"numAnuncio":214674,"titulo":"Acuerdo de 9 de junio de 2026 de la Junta de Gobierno Local del Ayuntamiento de Lousame por la que se convocan ayudas por nacimiento y adopción de hijos e hijas en el Ayuntamiento de Lousame","tituloLeng":null,"texto":"
BASES ESPECÍFICAS REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS E FILLAS NO CONCELLO DE LOUSAME PARA O ANO 2026.

Artigo 1.- Bases Reguladoras e Bases Específicas.

As Bases Reguladoras de calquera subvención ou axuda do Concello de Lousame están contidas na Ordenanza Xeral de Subvencións, cuxo obxecto é a regulación do réxime xurídico xeral do outorgamento de subvencións polos diferentes servizos do Concello de Lousame (BOP núm. 140 do 27/07/2021).

O artigo 6.1 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello, en relación ás subvencións en réxime de concorrencia, sinala que o procedemento de concesión destas subvencións debe incluír a convocatoria pública (mediante acordo da Alcaldía ou órgano no que delegue) que incluirá as Bases Específicas de cada convocatoria.

Artigo 2.- Obxecto.

Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases específicas polas que se rexerá o establecemento de axudas económicas ás familias do Concello de Lousame, co obxecto impulsar estratexias para fixar e fomentar o aumento da poboación municipal e o seu rexuvenecemento, evitando o despoboamento rural, así como apoiar ás familias do Concello de Lousame polo nacemento ou adopción de fillos e fillas.

Para os efectos desta convocatoria e bases, equipáranse os supostos de nacemento e adopción.

Artigo 3.- Orzamento total e aplicación orzamentaria.

O orzamento definitivo, para o exercicio 2026, destinado á concesión das axudas á natalidade obxecto da presente convocatoria, ascende a cantidade de 6.000,00 €, existindo crédito dispoñible, axeitado e suficiente, por ese importe na aplicación orzamentaria 2026 231.48000 “Transferencias a familias e institucións sen fin de lucro, Axudas á natalidade”.

Dita cantidade poderá variar, mediante as oportunas modificacións orzamentarias debidamente autorizadas, sen que sexa precisa a aprobación e publicación dunha nova convocatoria.

A concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

Artigo 4.- Persoas beneficiarias e requisitos.

Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta Convocatoria e Bases Específicas os pais, nais ou adoptantes de menores de idade, nacidos ou adoptados dende o 1 de xaneiro de 2026 até o 15.12.2026,  sempre que cumpran os requisitos establecidos a continuación.

Exclusivamente unha persoa poderá ostentar a condición de persoa beneficiaria respecto a un mesmo menor.

Requisitos das persoas beneficiarias:

Para poder percibir a axuda deberán cumprirse os seguintes requisitos:

Ter un fillo/a nado entre o 01.01.2026 e o 15.12.2026

En caso de adopción de menores, que a resolución de adopción fose ditada entre o 01.01.2026 e o 15.12.2026.

Que, polo menos, un dos proxenitores ou adoptantes estea empadroado no Concello de Lousame con anterioridade á data de nacemento ou adopción do menor.

Que o menor sexa inscrito no Padrón Municipal de Habitantes do Concello de Lousame tras o seu nacemento ou adopción.

Que o menor e, polo menos, un dos proxenitores ou adoptantes manteñan o seu empadroamento no Concello de Lousame durante os tres anos seguintes ao nacemento ou adopción.

Artigo 5.- Contía da axuda.

Por cada fillo/filla nado ou adoptado no 2026, o beneficiario da axuda percibirá 300,00 €. No caso de partos ou adopcións múltiples, a axuda concederase individualmente por cada menor.

Artigo 6.- Forma de pagamento.

Os pagamentos realizaranse nos meses de xuño e decembro, segundo a data de nacemento ou adopción do menor.

Os pagamentos realizaranse mediante transferencia bancaria á conta designada pola persoa beneficiaria.

Artigo 7.- Solicitudes e prazo de presentación.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ao publicación da presente convocatoria (e bases específicas) no BOP da provincia de a Coruña, vía BDNS, e até o 18 de decembro de 2026.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lousame ou por calquera dos medios previstos na lexislación administrativa vixente.

As solicitudes deberán ir acompañadas, como mínimo, da seguinte documentación:

a) Solicitude normalizada (Anexo I)

b) DNI, NIE ou documento equivalente da persoa solicitante.

c) Libro de familia ou documento acreditativo do nacemento ou adopción.

d) Certificado ou volante de empadroamento que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos nesta Convocatoria e Bases Específicas.

e) Certificación bancaria da conta na que deba efectuarse o pagamento, da que sexa titular a persoa beneficiaria da subvención.

Artigo 8.- Procedemento de concesión.

As axudas reguladas nestas Bases concederanse en réxime de concorrencia non competitiva ás persoas que acrediten o cumprimento dos requisitos esixidos, por rigoroso orde de data de presentación de solicitudes e ate o esgotamento do crédito orzamentario.

Procedemento de concesión:

1.- Será instrutor do expediente a Concellería competente en materia de Servizos Sociais.

2.- Presentada unha solicitude, o Departamento de Servizos Sociais do Concello comprobará que reúne os requisitos regulados nestas Bases Específicas. De non ser así, requiriráselle á persoa solicitante para que, no prazo de 10 días hábiles, emende ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que no suposto de non atender ao requirimento, na aplicación do artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase que desiste da súa solicitude, previa resolución ditada nos termos do artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3.- Unha vez completa a documentación, o técnico do Departamento de Servizos Sociais emitirá un informe-proposta, no que se determinará a concesión da axuda ou a denegación motivada da mesma.

4.- O expediente será remitido á Intervención Municipal, aos efectos de certificar a existencia de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ás obrigas económicas derivadas da prestación proposta.

5.- Completados os anteriores trámites, o expediente será elevado á Xunta de Goberno Local, para ditar o correspondente acordo, que poderá ser:

Favorable, no suposto de conformidade co informe-proposta do Departamento de Servizos Sociais do cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda e a certificación de existencia de crédito da Intervención Municipal.

Desfavorable, por non cumprir o solicitante os requisitos regulados na convocatoria e Bases Específicas, non achegar a documentación requirida, falsidade documental ou esgotamento do crédito orzamentario habilitado na partida para esta finalidade.

6.- As solicitudes resolveranse no prazo máximo de 3 meses a contar dende a data da súa presentación. O vencemento do prazo máximo, sen terse notificada a resolución, lexitima ás persoas interesadas para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

7.- Co obxecto de non demorar o abono das axudas, poderanse efectuar resolucións definitivas parciais ou individuais coa regularidade que o órganos competentes estimen oportuno.

Artigo 9.- Compatibilidade.

As axudas reguladas nestas Bases serán compatibles con calquera outra subvención, axuda ou prestación económica concedida por outras administracións públicas ou entidades públicas ou privadas para a mesma finalidade.

Artigo 10.- Obrigas das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias estarán obrigadas a:

a) Facilitar ao Concello canta información lles sexa requirida para comprobar o cumprimento dos requisitos establecidos nesta convocatoria e Bases Específicas.

b) Comunicar ao Concello calquera modificación das circunstancias que deron lugar á concesión da axuda.

c) Manter o cumprimento dos requisitos previstos no artigo 4, durante o prazo dos tres anos seguintes ao nacemento ou adopción.

d)  Reintegrar a axuda concedida, no caso de incumprir os requisitos para a súa concesión.

e)  Someterse ás actuacións de comprobación que poida realizar o Concello de Lousame.

Artigo 11.- Comprobación dos requisitos.

O Concello de Lousame poderá comprobar en calquera momento o cumprimento dos requisitos establecidos para a concesión da axuda.

Para os efectos da presente axuda, o empadroamento suporá a residencia habitual de, polo menos, un dos proxenitores e do menor, no Concello de Lousame.

O Concello poderá solicitar a documentación ou información que considere necesaria para verificar o mantemento dos requisitos durante o período de percepción da axuda.

Artigo 12.- Reintegro.

O incumprimento dos requisitos establecidos nesta convocatoria e Bases Específicas dará lugar á perda do dereito das cantidades pendentes de percibir.

Así mesmo, procederá o reintegro das cantidades xa percibidas cando se comprobe que a axuda foi obtida falseando as condicións requiridas para a súa concesión ou ocultando aquelas que a impedirían, ou polo incumprimento posterior dos requisitos esixidos para a súa obtención.

O procedemento de reintegro tramitarase de conformidade coa normativa aplicable en materia de subvencións.

Artigo 13.- Protección de datos.

Os datos persoais recollidos serán tratados polo Concello de Lousame coa finalidade de tramitar e xestionar as axudas reguladas nesta convocatoria e bases específicas, de conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos persoais.

Artigo 14.- Normativa supletoria.

En todo o non previsto nestas Bases Específicas será de aplicación o disposto na Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Lousame, Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións; na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia; na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; e demais normativa que resulte de aplicación.

ANEXO I

SOLICITUDE DE AXUDA POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS E FILLAS.

DATOS DO SOLICITANTE

Nome

Apelidos

DNI

Dirección postal

Localidade e código postal

Número de teléfono

Correo electrónico a efectos de notificación

DATOS DO CÓNXUXE OU PARELLA (SE É O CASO)

Nome

Apelidos

DNI

DATOS DO FILLO/A

Nome

Apelidos

Data de nacemento

Data da resolución de adopción (Se é o caso)

DATOS DO REPRESENTANTE (SE É O CASO)

Deberá acreditarse a representación por calquera medio válido en dereito.

Nome

Apelidos

DNI

Dirección postal

Localidade e código postal

Número de teléfono

Correo electrónico a efectos de notificación

DOCUMENTACIÓN QUE ACHEGA COA SOLICITUDE:

DNI, NIE ou documento identificativo equivalente da persoa solicitante

Acreditación da representación (se é o caso)

Libro de familia ou documento acreditativo do nacemento ou adopción.

Certificado ou volante de empadroamento que acredite o cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria e Bases Específicas.

Certificación bancaria da conta na que deba efectuarse o pagamento.

Que a persoa asinante AUTORIZA AO CONCELLO DE LOUSAME para que consulte os seguintes datos:

1

Consulta de estar ao día nas súas obrigas tributarias coa AEAT

SI

NON.

2

Consulta de esta ao día no pagamento á Seguridade Social.

SI

NON

3

Consulta de estar ao día nas súas obrigas coa Atriga.

SI

NON

4

Comprobación dos requisitos para a concesión da axuda, mediante a consulta do Padrón de Habitantes, dende a presentación da solicitude e durante o prazo dos tres anos seguintes ao nacemento ou adopción.

SI

NON

Que a persoa asinante DECLARA baixo a súa responsabilidade:

Que son certos cantos datos figuran nesta solicitude, que non está comprendida en ningún dos suposto de prohibición para obter a condición de beneficiario de subvencións previstos no artigo 13 da Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de subvencións comprometéndose a comunicar ao órgano instrutor calquera circunstancia que puidese alterar a presente declaración dende o momento en que é formulada e até a recepción da axuda, así como que se atope ao corrente nas súas obrigas fiscais, tributarias e de seguridade social e que no caso de ditarse resolución favorable, acepta a axuda concedida.

E, SOLICITA:

Que se teña por presentado este escrito xunto coa documentación que se acompaña, se admita, e se teña por solicitada a AXUDA POR NACEMENTO OU ADOPCIÓN DE FILLOS E FILLAS prevista nos orzamentos do Concello de Lousame do ano 2026, e se leven a cabo os trámites necesarios para a concesión da mesma.

En Lousame a     de                           de 2026.

Asinado.

A persoa solicitante (ou a persoa representante da solicitante)>>
","textoLeng":null,"url":"https://bop.dacoruna.gal/bopportal/descargarPdf.do?fecha=20260619&numRegistro=2026/0000004099.pdf","cve":"2026/4099","desDiarioOficial":"B.O.P. DE A CORUÑA","datPublicacion":"2026-06-19"}],"advertencia":"La reutilización de los datos del Sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones y Ayudas Públicas está sujeta a una serie de restricciones y consideraciones legales. Consulte el aviso legal en https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/avisolegal.Además, el usuario debe ser consciente que la información presentada es de naturaleza dinámica, y que los datos pueden ser sometidos a correcciones, inserciones, modificaciones y eliminaciones en momentos posteriores a su extracción. Accesos al API del sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones y Ayudas Públicas. La Administración Presupuestaria, para salvaguardar la protección del acceso libre e irrestricto de los ciudadanos a este Portal y a su información podrá adoptar medidas restrictivas de acceso al API ante situaciones de manifiesto abuso del servicio, riesgos de seguridad, o uso fraudulento de la información descargada, de acuerdo con las buenas prácticas de gestión de datos abiertos (https://datos.gob.es/es/blog/limitaciones-la-consulta-de-una-api) establecidas por el Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública."}