{"id":1111883,"organo":{"nivel1":"LOCAL","nivel2":"MIÑO","nivel3":"AYUNTAMIENTO DE MIÑO"},"sedeElectronica":null,"codigoBDNS":"910322","fechaRecepcion":"2026-06-03","instrumentos":[{"descripcion":"SUBVENCIÓN Y ENTREGA DINERARIA SIN CONTRAPRESTACIÓN "}],"tipoConvocatoria":"Concurrencia competitiva - canónica","presupuestoTotal":30000,"mrr":false,"descripcion":"Convocatoria de las bolsas de comedor para el curso académico 2026-2027","descripcionLeng":"Convocatoria das bolsas de comedor para o curso académico 2026-2027","tiposBeneficiarios":[{"descripcion":"PERSONAS FÍSICAS QUE NO DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA"}],"sectores":[{"descripcion":"EDUCACIÓN","codigo":"Q"}],"regiones":[{"descripcion":"ES111 - A Coruña"}],"descripcionFinalidad":"Educación","descripcionBasesReguladoras":"Bases de ejecución del presupuesto municipal para el ejercicio 2025, prorrogado para el año 2026, resultándoles de aplicación, por lo tanto, el Título VI, bases 66ª y siguientes, publicadas en el BOP del día 10 de junio de 2025.","urlBasesReguladoras":"https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/06/10/2025_0000003712.pdf","sePublicaDiarioOficial":true,"abierto":false,"fechaInicioSolicitud":null,"fechaFinSolicitud":null,"textInicio":"Desde el día siguiente a la publicación de la convocatoria en el BOP A Coruña","textFin":"la 1ª convocatoria el 03/07/26  la 2ª, en su caso, el 30/09/26","ayudaEstado":null,"urlAyudaEstado":null,"fondos":[],"reglamento":null,"objetivos":[],"sectoresProductos":[],"documentos":[{"id":1468699,"descripcion":"Documento de la convocatoria en español","nombreFic":"5bases comedor 26-27 ASINADAS.pdf","long":209427,"datMod":"2026-06-03","datPublicacion":"2026-06-03"}],"anuncios":[{"numAnuncio":213574,"titulo":"Extracto de la Resolución de 29 de mayo de 2026 de la alcaldía por la que se convocan las bolsas para comedor escolar del curso académico 2026-2027","tituloLeng":null,"texto":"
Primeiro. Persoas beneficiarias.

REQUISITOS

1 Estar empadroada/o e ter residencia efectiva permanente no concello de Miño e convivir coas/cos menores para quen que se solicita a bolsa.

2 Que as/os menores estean escolarizados no centro “Castro Baxoi” de Miño, que cursen ou vaian cursar estudos de 2º ciclo de educación infantil (de 3 a 5 anos) ensino primario ou secundaria obrigatoria (de 6 a 16 anos).

3 Que a renda per cápita familiar non exceda dos 17.999,88 € anuais. Enténdese por renda per cápita a renda familiar que se obtén pola suma das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto das persoas físicas. Nesta convocatoria, terase en conta o exercicio fiscal 2025 para os efectos de determinar a renda per cápita familiar das persoas solicitantes, agás naqueles casos nos que a situación económica da familia sufrira unha variación significativa nos seus ingresos.

No caso de variación significativa na situación económica, os rendementos do traballo ou das actividades económicas estimarase calculando a media dos meses transcurridos no momento da solicitude para estimar o total anual. Os demais rendementos serán os que figuren no exercicio fiscal 2025.

A renda per cápita dividirase entre o número de membros da unidade familiar computables, computando por dous os membros da unidade familiar en 1º grao da/do menor, incluído a/o propia/o menor e as/os seus/súas irmáns/ás, cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

R.P.C.= Suma de ingresos/ número membros da unidade familiar.

Cando presentaran declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2025, sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro. Se non tiveran a obriga de presentar a declaración da renda no exercicio fiscal 2025, deberá achegar certificado de imputacións de renda do exercicio fiscal 2025 emitido pola Axencia Tributaria.

Para os efectos desta convocatoria, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

a. Os proxenitores non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, a/s persoa/s titoras da alumna/o.

b. As/os fillas/os menores de idade con excepción dos emancipados terán a mesma consideración que as/os fillas/os das persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

c. As/os fillas/os maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d. As/os fillas/os solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar e os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar coas/cos fillas/os que teñan en común.

f. A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora da/o alumna/o.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polos proxenitores e todos/as as/os descendentes que convivan con eles e que reúnan o requisito do punto anterior.

Non terá a condición de membro computable:

A persoa proxenitora que non conviva coa/co alumna/o e nos casos de separación legal ou divorcio, agás nos casos de custodia compartida.

O agresor nos casos de violencia de xénero.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2025, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

4. Non ter percibida outra axuda polo mesmo concepto.

5. Presentar toda a documentación requirida nestas bases.

6. Presentar a solicitude dentro do prazo establecido.

7. Non ser debedor/a da Facenda municipal.

8. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Miño. En caso contrario, se ben poderá solicitarse a axuda, a concesión da mesma quedará condicionada á correcta xustificación das axudas pendentes conforme a acordo adoptado por órgano competente, ou noutro caso a acreditación de que dos defectos da xustificación non se teñan derivado sancións que lle impidan obter a condición de beneficiario nos termos recollidos no artigo 13 da LXS.

9. Alcanzar a puntuación mínima establecida no baremo para acceder ao servizo.

10. Excepcionalmente e logo da valoración técnica (emitirase informe), poderanse ter en conta outros requisitos sempre e cando estes sexan consecuencia dun proxecto de intervención social ou psicosocial por parte dos Servizos Sociais Municipais, coa familia solicitante.

Segundo: Obxecto.

A finalidade da presente convocatoria é axudar a aquelas familias en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo compensando o gasto do comedor escolar para o curso 2026-2027 sendo polo tanto obxecto da mesma, o financiamento de bolsas de comedor para as familias do concello de Miño que teñan menores ao seu cargo escolarizados no centro público “Castro Baxoi” de Miño, que conta cun servizo de comedor xestionado pola ANPA, e cuxas/os fillas/os estean matriculados/as ou teñan reserva de praza no 2º ciclo de educación infantil (de 3 a 5 anos) e/ou ensino obrigatorio (primaria e secundaria de 6 a 16 anos) e que cumpran os requisitos da convocatoria.

O sistema de acceso a estas bolsas de comedor estará supeditado ás prazas dispoñibles para este servizo e ao orzamento destinado para tal fin en cada convocatoria anual. O compromiso de gasto para 2027 estará subordinado ao crédito que para o citado exercicio se consigne nos orzamentos municipais.

As bolsas serán incompatibles con calquera outra axuda que puidera percibirse coa mesma finalidade doutras institucións públicas ou privadas.

As bolsas concederanse só na modalidade de fixos mensuais, é dicir, de todos os días lectivos do mes, non se admiten solicitudes para comedor na modalidade de fixos descontinuos nin esporádicos.

No caso de terse que suspender por causa extraordinaria o servizo de comedor escolar o Concello poderá abonar directamente o importe mensual ás familias beneficiarias.

Terceiro. Bases reguladoras.

De conformidade co establecido no artigo 17.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as bases xerais reguladoras da presente convocatoria foron aprobadas polo Pleno desta Corporación no marco das Bases de execución do Orzamento municipal para o exercicio 2025, prorrogado para o ano 2026, resultándolles de aplicación, polo tanto, o Título VI, bases 66ª e seguintes, publicadas no BOP do día 10 de xuño de 2025.

Cuarto. Contía.

A aplicación orzamentaria á que se imputarán estas subvencións é a 326/480.00, cun crédito máximo de 30.000 €, que se distribuirá nas seguintes anualidades e conceptos:

2026: 9.000,00 € (bolsas correspondente aos meses de setembro a novembro)

2027: 21.000,00 € (bolsas correspondentes aos meses de decembro a xuño)

A presente liña de subvención desenvolverase mediante o sistema de convocatoria aberta a través de 2 procedementos de selección sucesivos, polo que a contía total asignada dividirase nos seguintes importes máximos:

1ª convocatoria: 30.000,00 euros (9.000,00 € anualidade 2026; 21.000,00 anualidade 2027).

2ª convocatoria: 0,00 euros (*)

Cando á finalización da primeira convocatoria non se teña esgotado o importe máximo a outorgar, automaticamente a cantidade sobrante se trasladará, para a súa distribución, á segunda convocatoria.

(*) Non obstante, xa que o importe desta segunda convocatoria é 0,00 euros e se nutre do sobrante da 1ª convocatoria, no caso de que o crédito se esgote na primeira convocatoria, esta convocatoria quedará sen efecto, do que se dará publicidade mediante anuncio na web concellodemino.gal.

A concesión efectiva da bolsa de comedor para os meses de decembro e seguintes queda condicionada a existencia de crédito suficiente no orzamento municipal de 2027.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

1. Lugar

As solicitudes deberán presentarse no rexistro de entrada xeral do Concello (presencial ou electrónico), xunto coa documentación esixida nestas bases.

En caso de facer a solicitude presencial, haberá que estar provisto do DNI da persoa solicitante.

2. Prazo

A presente liña de subvención desenvolverase mediante o sistema de convocatoria aberta a través de 2 procedementos de selección sucesivos nos seguintes prazos:

1ª convocatoria: o prazo de solicitude comezará o día seguinte á publicación do extracto da presente convocatoria no BOP A Coruña e rematará o día 03 de xullo de 2026.

2ª convocatoria: o prazo de solicitude comezará o día 15 de setembro e rematará o día 30 de setembro de 2026 (condicionada a apertura da mesma a que exista crédito sobrante na primeira convocatoria).

As solicitudes presentadas fóra do prazo establecido por situación sobrevida terán que cumprir os requisitos desta convocatoria e achegar toda a documentación preceptiva. Así mesmo, esixirase que vaian acompañadas obrigatoriamente de informe técnico emitido por profesionais dos Servizos Sociais Municipais e serán valorados unicamente nos seguintes supostos:

Por traslado de centro escolar dende outro municipio, cando esta circunstancia se produza despois de rematado o prazo da convocatoria (xustificarase con certificados escolares e outra documentación pertinente).

Por situacións de violencia de xénero sobrevidas despois de rematado o prazo de solicitude desta convocatoria (xustificarase mediante orde de protección ou outros documentos xudiciais).

Por cambios substanciais da situación socio-familiar, cando esta circunstancia se produza despois de rematado o prazo da convocatoria (xustificarase mediante a documentación correspondente)

Calquera destes supostos deberá ser valorado e informado polos Servizos Sociais do Concello de Miño, que emitirán informe técnico sobre a situación.

Sexto. Outros datos.

DOCUMENTACIÓN:

Os anexos para proceder á solicitude solicitaranse nas dependencias municipais sitas na rúa da Carreira, núm. 38, ou poden descargarse na web concellodemino.gal.

1. Impreso de solicitude das bolsas, debidamente cuberto no que se especificará o nome da/o menor e o curso así como o número de conta so solicitante (Anexo 1).

2. Declaración xurada do compromiso de cumprimento de obrigas (Anexo 2).

3. Declaración na que se recolla o conxunto de todas as axudas que teña solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas restantes administracións públicas (Anexo 3).

4. Declaración de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social (Anexo 4).

5. Fotocopia completa do libro de familia (ou no seu defecto documentación que o substitúa).

6. Volante de empadroamento e convivencia (de oficio).

7. Declaración xurada de que as/os menores están matriculados/as para o curso 2026/2027 no CEIP Castro Baxoi (Anexo 5).

8. En caso de ser beneficiario da axuda, aceptación ou renuncia da axuda concedida (anexo 6) no prazo de 15 días hábiles dende a publicación da resolución definitiva.

9. Xustificante de ingresos económicos dos membros da unidade familiar de convivencia mediante a presentación da seguinte documentación:

1) Fotocopia da declaración da renda correspondente ao último exercicio (2025).

2) No caso de non estar obrigado a efectuar a declaración da renda, deberase de presentar certificado de imputacións de renda do exercicio fiscal 2025 emitido pola Axencia Tributaria.

10. Certificado de discapacidade (de ser o caso).

11. Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).

12. Fotocopia do título de familia monoparental (de ser o caso).

13. Certificado da empresa  do horario de traballo; ou declaración xurada no caso de traballadores por conta propia;  que acredite a necesidade do servizo por motivos de conciliación.  (de ser o caso)

14. No caso de separación ou divorcio legal, copia da sentenza e do convenio regulador, así como xustificantes bancarios das achegas económicas establecidas en devandita sentenza. En situacións de non pagamento, copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o xulgado ou xustificante de inicio das actuacións.

15. No caso de unións de feito con fillas/os recoñecidas/as copia da sentenza de garda, custodia e alimentos, así como xustificante das achegas económicas establecidas en devandita sentenza. En situacións de non pagamento, copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o xulgado ou xustificante de inicio das actuacións.

16. No caso de que as/os menores estean en situación de acollemento por resolución administrativa ou auto xudicial, deberase acreditar mediante copia do certificado do organismo competente e, de ser o caso, a contía da remuneración.

Calquera outra documentación acreditativa de situacións declaradas polas persoas solicitantes.

A persoa solicitante queda obrigada a comunicar ao Concello calquera alteración das circunstancias que motivaron a concesión da bolsa.

PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DAS BOLSAS.

Unha vez rematado o prazo de solicitude o equipo de Servizos Sociais do Concello examinará as solicitudes presentadas e verificará que conteñen toda a documentación requirida polas bases.

Unha vez revisadas as solicitudes, emitirase informe por unha técnica de servizos sociais sobre as mesmas con proposta de valoración para que a Comisión de Avaliación proceda á valoración das mesmas. Esta comisión estará composta pola concelleira da Área de Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá e Transparencia, un/ha representante de cada un dos grupos políticos municipais, a traballadora social, a educadora familiar, asistidos pola interventora municipal ou o técnico do departamento.

Cumpridos os trámites para a instrución do procedemento e fiscalizada a proposta pola Intervención municipal, a alcaldía, ditará resolución motivada.

A resolución provisional publicarase no taboleiro de edictos do Concello, sito na casa do concello, rúa da Carreira núm. 38 e na páxina web do Concello www. concellodemino.gal, concedéndose un prazo de 10 días naturais para presentar alegación e/ou emendar documentación.

Nesta listaxe provisional reflectiranse todas as solicitudes: as completas, as denegadas e as pendentes de emendar documentación, advertindo neste último caso que de non corrixir os erros na documentación no prazo estipulado, quedarán denegadas.

A resolución definitiva que se adopte e as listaxes coas solicitudes concedidas e denegadas serán así mesmo publicadas na mesma forma que a resolución provisional. Estas publicacións substituirán a notificación nos termos que se establecen nos artigos 40 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Unha vez publicada esta resolución definitiva, os beneficiarios das axudas disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación, para a súa aceptación ou renuncia mediante a presentación do anexo VI. A non presentación do mesmo no prazo establecido, suporá a perda automática da axuda concedida.

A resolución estimatoria ou desestimatoria pon fin á vía administrativa contra a que poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o Sr. Alcalde-presidente no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da notificación do acordo de concesión ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses, contados dende o seguinte ao da notificación da resolución se é expresa; se non o é, o prazo será de seis meses contados dende o seguinte a partir de que se entenda producida a desestimación por acto presunto.

Tanto as listaxes provisionais como as definitivas publicaranse unicamente cos número do documento de identidade que as persoas solicitantes presentaran.

Cando se acredite que a persoa solicitante ten a condición de vítima de violencia de xénero mediante orde de protección, e así o solicite, a publicación no taboleiro de anuncios será substituída, cando así se faga constar polas persoas interesadas na solicitude, pola notificación individual, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; todo isto en cumprimento da Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

En todo caso, a concesión da subvención non implica a concesión de praza no comedor por parte da empresa, polo que a efectividade da subvención estará en todo caso condicionada á concesión de praza no comedor, así como á efectiva incorporación ao mesmo. No suposto de non concederse praza no comedor ou non incorporarse ao servizo no primeiro mes deste, poderase revogar, logo da resolución respecto diso, a concesión da bolsa outorgada

CRITERIOS DE VALORACIÓN E ADXUDICACIÓN

1. Criterios de valoración

As solicitudes serán valoradas segundo os seguintes criterios:

8.A.- Situación familiar, social e laboral dos proxenitores ou titores legais do/s menor/es.

1.   Situación familiar, social e laboral dos proxenitores   ou titores legais do/s menor/es.                                                                       Puntos

1.1. INCOMPATIBILIDADE HORARIA DAS PERSOAS PROXENITORAS QUE TEÑAN ATRIBUIDA A CUSTODIA O TITORES*             1

1.2. MONOPARENTALIDADE                                                                                                                                                                       1

1.3. VIOLENCIA DE XÉNERO NOS ÚLTIMOS TRES ANOS                                                                                                                       1

1.4. FAMILIAS NUMEROSAS                                                                                                                                                                       1

1.5. DISCAPACIDADE DA PERSOA SOLICITANTE                                                                                                                                     1

1.6. DISCAPACIDADE DE ALGUNHA DAS PERSOAS QUE OSTENTEN A CUSTODIA (UN PUNTO MÁXIMO)                                       1

* A incompatibilidade deberá ser certificada pola empresa contratante do solicitante.

Para estes efectos, teñen a mesma consideración que a filla ou fillo:

1º) As persoas unidas ao único proxenitor ou proxenitora por razón de tutela ou acollemento.

2º) A concibida ou o concibido, sempre que mediante a aplicación desta asimilación se obteña maior beneficio.

No caso de parellas de feito separadas ou cando ambos os proxenitores consten no libro de familia (ou documento que legalmente o substitúa), deben achegar documento do xulgado que outorgue a custodia ou tutela dos fillos a un dos proxenitores para ser consideradas familia monoparental.

8.B.- Situación económica da unidade de convivencia, entendendo como tal todas as persoas que conviven no mesmo domicilio e teñan lazos familiares (compróbase mediante certificado de convivencia que se achegará de oficio coas solicitudes).

2. Situación económica da unidade de convivencia RENTA PER CÁPITA MENSUAL*     Puntos

2.1   Inferior ao 30% do IPREM (0-179,99 €)                                                                        +11

2.2 Entre o 30% e inferior ao 50% do IPREM (180,00 €-299,99 €)                                        +8

2.3 Entre o 50% e inferior ao 75% do IPREM (300,00 €- 449,99 €)                                       +6

2.4 Entre o 75% e inferior ao 100% do IPREM (450,00 €-599,99 €)                                      +5

2.5 Entre o 100% e inferior ao 125% do IPREM (600,00 €-749,99 €)                                    +3

2.6 Entre o 125% e inferior ao 150% do IPREM (750,00 €- 899,99 €)                                   +2

2.7 Entre o 150% e inferior ao 200% do IPREM (900,00 €-1.199,99 €)                                 +1

2.8 Entre o 200% e inferior ao 250% do IPREM (1.200,00 €-1.499,99 €)                                0

* IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples Mensual) 2025: 600,00 €.

A valoración económica da situación familiar realizarase sobre a base da documentación achegada no expediente de solicitude, sen prexuízo de que de estimarse oportuno poida requirirse outra documentación para fundamentar a valoración.

As persoas solicitantes que superen a renda per cápita de 1.499,99 € quedarán excluídas da convocatoria e aparecerán nas listaxes provisionais como denegadas por superar ingresos.

8.C.- Situación social da/o menor de 0 a 5 puntos (acreditarase mediante informe técnico).

A situación social da/o menor será acreditada mediante informe técnico que será emitido polo persoal técnico dos Servizos Sociais Municipais. Será solicitado de oficio desde o Programa de educación familiar á traballadora social, só para aquelas solicitudes nas que tras unha primeira valoración se aprecien motivos de risco social ou a propia traballadora social considere necesario emitilo.

A puntuación total que se obteña despois de valorar cada solicitude, será a resultante de sumar os puntos de cada un dos baremos dos criterios de valoración marcados con A, B e C.

Para o cálculo desa puntuación teranse en conta os ingresos netos anuais de todas as persoas integrantes da unidade familiar tal e como quedou definida no apartado 4.

2. Criterios de adxudicación

As axudas adxudicaranse tendo en conta a puntuación acadada segundo os criterios anteriores en función do crédito dispoñible.

Naqueles supostos nos que se obteña unha puntuación de 3 ou máis puntos e que non fosen beneficiarias dunha bolsa de comedor por falta de crédito, quedarán en listaxe de agarda, que irá de maior a menor puntuación.

No caso de que se produzan baixas ou exista máis dispoñibilidade orzamentaria poderanse conceder máis bolsas, respectando a orde da listaxe de agarda.

As solicitudes que proveñan de situacións sobrevidas (ver apartado 6.2), no caso de que non quede crédito dispoñible, tamén se incluirán na listaxe de agarda e ocuparán, segundo a puntuación alcanzada, o lugar que lles corresponda.

As axudas concedidas, sempre dentro do crédito dispoñible, serán as seguintes:

- As familias que obteñan unha puntuación igual ou superior a 12 puntos percibirán o 100% do custo do servizo de comedor.

- As familias que obteñan unha puntuación entre 9 e 11  puntos percibirán o 75% do custo do servizo de comedor.

- As familias que obteñan unha puntuación entre 6 e 8 puntos percibirán o 50% do custo do comedor.

- As familias que obteñan unha puntuación entre 3 e 5 puntos percibirán o 25% do custo do comedor.

- As familias que obteñan unha puntuación menor de 3 puntos non terán dereito a bolsa.

Estas porcentaxes poderán verse minoradas na/as última/as da listaxe cando o crédito sobrante sexa inferior ao que corresponda.

En caso de empate no número de puntos obtidos e para adxudicar a bolsa terase en conta a puntuación conseguida nos seguintes criterios:

1º.- Maior puntuación no informe da situación social da/o menor.

2º.- Maior puntuación no baremo da situación económica da unidade de convivencia.

3º.- Número de beneficiarios/as por solicitude (terán preferencia as solicitudes para dous/dúas ou máis irmáns/ás).

4º.- Maior puntuación no baremo da situación familiar, social e laboral dos proxenitores   ou titores legais da/o menor.

Naqueles casos en que perdure o empate aplicados os criterios anteriores, concederase a axudas minorando os porcentaxes ata o importe dispoñible.

XUSTIFICACIÓN E PAGO

A xustificación realizarase mediante a presentación directamente pola empresa encargada de prestar o servizo de comedor das facturas correspondentes a cada mes de servizo. As facturas deberán vir emitidas a nome da/o beneficiaria/o da subvención e unicamente pola parte do importe subvencionado.

As axudas serán aboadas polo Concello directamente á empresa encargada de prestar o servizo de comedor na forma convida coa mesma, aboando os proxenitores   a diferenza entre o custo total do servizo e a bolsa concedida.

No caso de que por causa extraordinaria o servizo sexa interrompido, o pagamento das axudas concedidas realizarase directamente aos beneficiarios. O pagamento terá carácter prepagable e se realizará nos primeiros días do correspondente mes en función da previsión da duración da suspensión da actividade do comedor escolar no CPI Castro Baxoi.

Neste suposto excepcional a xustificación do gasto realizarase con arranxo ao seguinte réxime:

- Os beneficiarios deberán presentar a xustificación do gasto antes do último día natural do mes seguinte ao do período subvencionado e efectivamente abonado. Excepcionalmente e a solicitude motivada das/dos beneficiarias/os ou de oficio pola propia administración, poderá ampliarse dito prazo de xustificación. Transcorrido o prazo máximo sen ter presentada a documentación xustificativa, se requirirá á/ao beneficiaria/o para que no prazo improrrogable de quince días sexa aportada. O incumprimento deste prazo adicional dará lugar ao reintegro da axuda outorgada e demais responsabilidades previstas na Lei Xeral de Subvencións e demais normativa de aplicación.

- A xustificación dos gastos realizarase mediante a presentación dos seguintes documentos:

a) Unha conta xustificativa que recolla unha relación clasificada dos gastos realizados, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pago.

b) As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa. Os documentos xustificativos deberán ter unha data de expedición coincidente co período subvencionado e efectivamente abonado e incluír os conceptos subvencionables, isto é, exclusivamente, produtos alimenticios.

- Os xustificantes de pagamento, isto é, extractos ou certificacións bancarias, cheques nominativos ou documentos de cargo de pago con tarxetas expedidas a nome do beneficiario. Con carácter excepcional, se aceptará como xustificante de pago, o recibí do provedor para gastos de contía inferior a 500 euros. O pago deberá terse realizado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

BAIXA NO SERVIZO

Poderase revogar, logo da resolución respecto diso, a concesión da bolsa outorgada ao producírense algún dos seguintes supostos:

* A ocultación de información, se esta condicionou a concesión da axuda.

* O mal uso do servizo, entendendo como tal: mal comportamento no comedor, que impida ou prexudique o desenvolvemento normal da comida e provoque a expulsión do servizo segundo as normas de réxime interno que a ANPA estipule para ese servizo.

* A alteración das circunstancias que motivaron a súa concesión.

* A falta de pagamento de 2 cotas mensuais, seguidas ou alternas, correspondentes ás familias.

* A non concesión de praza no comedor.

* A non incorporación ao servizo de comedor no prazo dun mes dende o seu inicio, sen causa debidamente xustificada ante os servizos sociais do Concello.

Calquera das circunstancias anteriormente mencionadas poderá dar lugar ao reintegro total ou parcial das cantidades percibidas (en concepto de bolsa) cos intereses de mora legalmente correspondentes.
","textoLeng":null,"url":"https://bop.dacoruna.gal/bopportal/descargarPdf.do?fecha=20260608&numRegistro=2026/0000003753.pdf","cve":"2026/3753","desDiarioOficial":"B.O.P. DE A CORUÑA","datPublicacion":"2026-06-08"}],"advertencia":"La reutilización de los datos del Sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones y Ayudas Públicas está sujeta a una serie de restricciones y consideraciones legales. Consulte el aviso legal en https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/avisolegal.Además, el usuario debe ser consciente que la información presentada es de naturaleza dinámica, y que los datos pueden ser sometidos a correcciones, inserciones, modificaciones y eliminaciones en momentos posteriores a su extracción. Accesos al API del sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones y Ayudas Públicas. La Administración Presupuestaria, para salvaguardar la protección del acceso libre e irrestricto de los ciudadanos a este Portal y a su información podrá adoptar medidas restrictivas de acceso al API ante situaciones de manifiesto abuso del servicio, riesgos de seguridad, o uso fraudulento de la información descargada, de acuerdo con las buenas prácticas de gestión de datos abiertos (https://datos.gob.es/es/blog/limitaciones-la-consulta-de-una-api) establecidas por el Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública."}