{"id":1111879,"organo":{"nivel1":"LOCAL","nivel2":"MIÑO","nivel3":"AYUNTAMIENTO DE MIÑO"},"sedeElectronica":null,"codigoBDNS":"910318","fechaRecepcion":"2026-06-03","instrumentos":[{"descripcion":"SUBVENCIÓN Y ENTREGA DINERARIA SIN CONTRAPRESTACIÓN "}],"tipoConvocatoria":"Concurrencia competitiva - canónica","presupuestoTotal":2500,"mrr":false,"descripcion":"Convocatoria de becas de libros y material escolar para el curso 2026-2027","descripcionLeng":"Convocatoria de becas de libros e material escolar para o curso 2026-2027","tiposBeneficiarios":[{"descripcion":"PERSONAS FÍSICAS QUE NO DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA"}],"sectores":[{"descripcion":"EDUCACIÓN","codigo":"Q"}],"regiones":[{"descripcion":"ES111 - A Coruña"}],"descripcionFinalidad":"Educación","descripcionBasesReguladoras":"Bases de ejecución del presupuesto municipal para el ejercicio 2025, prorrogadas para el año 2026, resultándoles de aplicación, por lo tanto, el Título VI, bases 66ª y siguientes, publicadas en el BOP del día 10 de junio de 2025","urlBasesReguladoras":"https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/06/10/2025_0000003712.pdf","sePublicaDiarioOficial":true,"abierto":false,"fechaInicioSolicitud":null,"fechaFinSolicitud":null,"textInicio":"Desde el día siguiente a la publicación de la convocatoria en el BOP A Coruña","textFin":"la 1ª convocatoria el 03/07/26  la 2ª, en su caso, el 30/09/26","ayudaEstado":null,"urlAyudaEstado":null,"fondos":[],"reglamento":null,"objetivos":[],"sectoresProductos":[],"documentos":[{"id":1468658,"descripcion":"Documento de la convocatoria en español","nombreFic":"5bases libros 26-27 ASINADAS.pdf","long":184829,"datMod":"2026-06-03","datPublicacion":"2026-06-03"}],"anuncios":[{"numAnuncio":213567,"titulo":"Convovatoria de las bolsas para la adquisición de libros y material escolar del curso académico 2026-2027","tituloLeng":null,"texto":"
Primeiro. Persoas beneficiarias.

REQUISITOS

1. Estar empadroado/a e ter residencia efectiva permanente no concello de Miño.

2. Ter fillas/os matriculadas/os en educación infantil nos centros de ensino público do concello de Miño e/ou bacharelato nos centros aos que acudan.

3. Que a renda per cápita familiar non exceda dos 9.000 € anuais. Enténdese por renda per cápita a renda familiar que se obtén pola suma das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto das persoas físicas. Nesta convocatoria, terase en conta o exercicio fiscal 2025 para os efectos de determinar a renda per cápita familiar das persoas solicitantes, agás naqueles casos nos que a situación económica da familia sufrira unha variación significativa nos seus ingresos.

No caso de variación significativa na situación económica, os rendementos do traballo ou das actividades económicas estimarase calculando a media dos meses transcorridos no momento da solicitude para estimar o total anual. Os demais rendementos serán os que figuren no exercicio fiscal 2025.

A renda per cápita dividirase entre o número de membros da unidade familiar computables, computando por dous os membros da unidade familiar en 1º grao do/a menor, incluída/o a/o propia/o a alumna/o e as/os súas/seus irmás/áns, cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.

R.P.C.= Suma de ingresos/ número membros da unidade familiar.

Cando presentaran declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2025, sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro. Se non tiveran a obriga de presentar a declaración da renda no exercicio fiscal 2025, deberá achegar certificado de imputacións de renda do exercicio fiscal 2025 emitido pola Axencia Tributaria.

Para os efectos desta convocatoria, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

a. Os proxenitores non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, a/as persoas titora/s da/o alumna/o.

b. As/os fillas/os menores de idade con excepción dos emancipados terán a mesma consideración que as/os fillas/os das persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

c. As/os fillas/os maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

d. As/os fillas/os solteiras/os menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar e os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar coas/cos fillas/os que teñan en común.

f. A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora da/o alumna/o.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polos proxenitores e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan o requisito do punto anterior.

Non terá a condición de membro computable:

-A persoa proxenitora que non conviva coa/co alumna/o e nos casos de separación legal ou divorcio, agás nos casos de custodia compartida

-O agresor nos casos de violencia de xénero.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2025, agás no relativo á violencia de xénero que se aplicará o disposto na lexislación específica.

4. Presentar toda a documentación requirida nestas bases.

5. Presentar a solicitude dentro do prazo establecido.

6. Non ser debedor/a da Facenda municipal.

7. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Miño. En caso contrario, se ben poderá solicitarse a axuda, a concesión da mesma quedará condicionada á correcta xustificación das axudas pendentes conforme a acordo adoptado por órgano competente, ou noutro caso a acreditación de que dos defectos da xustificación non se teñan derivado sancións que lle impidan obter a condición de beneficiario nos termos recollidos no artigo 13 da LXS.

8. Convivir coa/o menor a cargo.

Segundo: Obxecto.

A finalidade da presente convocatoria é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación, compensando a aquelas familias que polas súas condicións socioeconómicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados da adquisición de libros e material escolar para o curso escolar 2026/2027, sendo polo tanto, obxecto da mesma o financiamento das bolsas de libros e material escolar, para o alumnado matriculado nos centros escolares públicos do municipio que cursen educación infantil e as/os rapazas/ces que cursen bacharelato nos centro públicos aos que acudan.

O alumnado de infantil que acuda a centros públicos fóra do termo municipal deberá acompañar a solicitude dunha xustificación dos motivos (laborais, de conciliación...) para a posterior valoración pola Comisión de Avaliación sobre a aceptación ou non da mesma.

Trátase dunha convocatoria compatible e complementaria coas axudas recibidas doutras institucións públicas e privadas, para intentar chegar á cobertura total do gasto que supón para as familias, sen que a suma das mesmas supere o custo dos libros de texto e do material escolar.

Con carácter excepcional, poderán ser obxecto de subvención cursos distintos dos previstos anteriormente e por un importe que en ningún caso supere o custo dos libros e do material escolar, cando por razóns sociais (inmigrantes, violencia de xénero...) e logo do informe da traballadora social, así se xustifique.

O sistema de concesión das axudas previstas realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

Terceiro. Bases reguladoras.

De conformidade co establecido no artigo 17.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as bases xerais reguladoras da presente convocatoria foron aprobadas polo Pleno desta Corporación no marco das Bases de execución do Orzamento municipal para o exercicio 2025, prorrogadas para o ano 2026, resultándolles de aplicación, polo tanto, o Título VI, bases 66ª e seguintes, publicadas no BOP do día 10 de xuño de 2025.

Cuarto. Contía.

A aplicación orzamentaria á que se imputarán estas subvencións é a 326/480.00, cun crédito máximo de 2.500 €.

O IMPORTE MÁXIMO DAS AXUDAS SERÁ O SEGUINTE

NIVEL EDUCATIVO

Importe axuda

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos)

100,00 €

5º EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos)

80,00 €

6º EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos)

80,00 €

1º BACHARELATO

250,00 €

2º BACHARELATO

270,00 €

A presente liña de subvención desenvolverase mediante o sistema de convocatoria aberta a través de 2 procedementos de selección sucesivos, polo que a contía total asignada dividirase nos seguintes importes máximos:

1ª convocatoria: 2.500,00 euros.

2ª convocatoria: 0,00 euros (*)

Cando á finalización da primeira convocatoria non se teña esgotado o importe máximo a outorgar, automaticamente a cantidade sobrante se trasladará, para a súa distribución, á segunda convocatoria.

(*) Non obstante, xa que o importe desta segunda convocatoria é 0,00 euros e se nutre do sobrante da 1ª convocatoria, no caso de que o crédito se esgote na primeira convocatoria, esta convocatoria quedará sen efecto, do que se dará publicidade mediante anuncio na web concellodemino.gal.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

1. Lugar

As solicitudes deberán presentarse no rexistro de entrada xeral do Concello (presencial ou electrónico), xunto coa documentación esixida nestas bases.

En caso de facer a solicitude presencial, haberá que estar provisto do DNI da persoa solicitante.

2. Prazo

A presente liña de subvención desenvolverase mediante o sistema de convocatoria aberta a través de 2 procedementos de selección sucesivos nos seguintes prazos:

1ª convocatoria: o prazo de solicitude comezará o día seguinte á publicación do extracto da presente convocatoria no BOP A Coruña e rematará o día 03 de xullo de 2026.

2ª convocatoria: o prazo de solicitude comezará o día 15 de setembro e rematará o día 30 de setembro de 2026 (condicionada a apertura da mesma a que exista crédito sobrante na primeira convocatoria).

Sexto. Outros datos.

DOCUMENTACIÓN:

Os anexos para proceder á solicitude solicitaranse nas dependencias municipais sitas na rúa da Carreira, núm. 38, ou poden descargarse na web concellodemino.gal.

1. Impreso de solicitude das bolsas, debidamente cuberto (Anexo 1).

2 Declaración xurada do compromiso de cumprimento de obrigas (Anexo 2).

3. Xustificante de ingresos económicos dos membros da unidade familiar de convivencia mediante a presentación da seguinte documentación:

1) Fotocopia da declaración da renda correspondente ao último exercicio (2025).

2) No caso de non estar obrigado a efectuar a declaración da renda, deberase de presentar certificado de imputacións de renda do exercicio fiscal 2025 emitido pola Axencia Tributaria.

4. Volante de empadroamento e convivencia (de oficio).

5. Declaración na que se recolla o conxunto de todas as axudas que teña solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas restantes administracións públicas (Anexo 3).

6. Declaración de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social (Anexo 4).

7. Declaración xurada de que as/os menores están matriculados/as para o curso 2026/2027 nalgún centro de ensino público do concello de Miño.(Anexo 5)

8. Calquera outra documentación acreditativa de situacións declaradas polas persoas solicitantes.

PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DAS BOLSAS.

Unha vez rematado o prazo de solicitude, o equipo de Servizos Sociais do Concello examinará as solicitudes presentadas e verificará que conteñen toda a documentación requirida polas bases.

Unha vez revisadas as solicitudes, emitirase informe por unha técnica de servizos sociais sobre as mesmas con proposta de valoración para que a Comisión de Avaliación proceda á valoración das mesmas. Esta comisión estará composta pola concelleira da Área de Educación, Cultura, Comunicación, Participación Cidadá e Transparencia, un/ha representante de cada un dos grupos políticos municipais, a traballadora social, a educadora familiar, asistidos pola interventora municipal ou o técnico do departamento.

Cumpridos os trámites para a instrución do procedemento e fiscalizada a proposta pola Intervención municipal, o alcalde, ditará resolución motivada.

A resolución provisional publicarase no taboleiro de edictos do Concello, sito na casa do concello, rúa da Carreira núm. 38 e na páxina web do Concello www. concellodemino.gal, concedéndose un prazo de 10 días naturais para presentar alegación e/ou emendar documentación.

Nesta listaxe provisional reflectiranse todas as solicitudes: as completas, as denegadas e as pendentes de emendar documentación, advertindo neste último caso que, de non corrixir os erros da documentación no prazo estipulado, quedarán denegadas.

A resolución definitiva que se adopte e as listaxes de solicitudes concedidas e denegadas serán así mesmo publicadas na mesma forma que a resolución provisional. Estas publicacións substituirán a notificación nos termos que se establecen nos artigos 40 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A resolución estimatoria ou desestimatoria pon fin á vía administrativa contra a que poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o Sr. Alcalde-presidente no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da notificación do acordo de concesión ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, contados dende o seguinte ao da notificación da resolución se é expresa; se non o é, o prazo será de seis meses contados dende o seguinte a partir de que se entenda producida a desestimación por acto presunto.

Tanto as listaxes provisionais como as definitivas publicaranse unicamente co número do documento de identidade que as persoas solicitantes presentaran.

Cando se acredite que a persoa solicitante ten a condición de vítima de violencia de xénero mediante orde de protección, e así o solicite, a publicación no taboleiro de anuncios será substituído, cando así se faga constar polas persoas interesadas na solicitude, pola notificación individual, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; todo isto en cumprimento da Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Para proceder á adxudicación das bolsas aplicarase o seguinte baremo:

1. Cuns ingresos familiares inferiores ao 25 % do límite establecido (2.250 €/anuais) subvencionarase o 100% da axuda prevista no punto segundo.

2. Cuns ingresos familiares entre o 25% e o 50% do límite establecido (entre 2.251 e 4.500 € anuais) subvencionarase o 75% da axuda prevista no punto segundo.

3. Cuns ingresos familiares entre o 50% e o 75% do límite establecido (entre 4.501€ e 6.750 €) subvencionarase o 50% da axuda prevista no punto segundo.

4. Cuns ingresos familiares entre o 75% e o 100% (entre 6.751€ e 9.000€) subvencionarase o 25% da axuda prevista no punto segundo.

5. Cuns ingresos familiares superiores a 9.000€ anuais, as solicitudes serán denegadas.

A efectos do cálculo da renda familiar, tomarase como base a unidade de convivencia tal e como se regula no apartado 4.3.

A valoración das solicitudes realizarase en función dos ingresos da unidade familiar, tendo prioridade na concesión as persoas solicitantes coa menor capacidade económica por membro da unidade familiar (renda per cápita definida anteriormente).

As bolsas serán adxudicadas ata o límite máximo do crédito habilitado para tal fin (apartado 2 das presentes bases), e segundo a porcentaxe que lle corresponda a cada familia pola súa capacidade económica, se ben na/as última/as da listaxe o porcentaxe poderá ser inferior ao que corresponda cando o crédito sobrante sexa inferior ao que corresponda.

As bolsas denegadas por esgotar o crédito habilitado formarán parte dunha listaxe de agarda por orde de renda per cápita, para que no caso de renuncia ou perda dalgunha adxudicada, poida ser outorgada a unha nova familia.

XUSTIFICACIÓN E PAGO

1. Prazo de xustificación

O prazo máximo para a xustificación das axudas será de 30 días naturais, contados dende o día seguinte da publicación da listaxe definitiva nos lugares arriba mencionados.

2. Documentación xustificativa

A documentación que haberá de presentarse para a xustificación é a seguinte:

-Factura xustificativa dos gastos realizados en concepto de libros e material escolar. Na factura deberá de figurar: núm. de factura, data de emisión, razón social, enderezo, CIF e selo da empresa, descrición dos conceptos e importes e nome e apelidos do cliente que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda. A factura deberá ter data anterior á finalización do período de xustificación.

- Xustificante do pagamento, isto é, extractos ou certificacións bancarias, cheques nominativos ou documentos de cargo de pago con tarxetas expedidas a nome do beneficiario. Con carácter excepcional, se aceptará como xustificante de pago, o recibí do provedor para gastos de contía inferior a 500 euros. O pago deberá terse realizado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

-Número de conta do beneficiario da subvención para a realización do ingreso.

3. Pagamento da subvención

O pagamento da axuda farase efectivo nun pago único por cada filla/o unha vez que se cumprira o obxecto para o que foi concedida a subvención.
","textoLeng":null,"url":"https://bop.dacoruna.gal/bopportal/descargarPdf.do?fecha=20260608&numRegistro=2026/0000003752.pdf","cve":"2026/3752","desDiarioOficial":"B.O.P. DE A CORUÑA","datPublicacion":"2026-06-08"}],"advertencia":"La reutilización de los datos del Sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones y Ayudas Públicas está sujeta a una serie de restricciones y consideraciones legales. Consulte el aviso legal en https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/avisolegal.Además, el usuario debe ser consciente que la información presentada es de naturaleza dinámica, y que los datos pueden ser sometidos a correcciones, inserciones, modificaciones y eliminaciones en momentos posteriores a su extracción. Accesos al API del sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones y Ayudas Públicas. La Administración Presupuestaria, para salvaguardar la protección del acceso libre e irrestricto de los ciudadanos a este Portal y a su información podrá adoptar medidas restrictivas de acceso al API ante situaciones de manifiesto abuso del servicio, riesgos de seguridad, o uso fraudulento de la información descargada, de acuerdo con las buenas prácticas de gestión de datos abiertos (https://datos.gob.es/es/blog/limitaciones-la-consulta-de-una-api) establecidas por el Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública."}