{"id":1102236,"organo":{"nivel1":"LOCAL","nivel2":"NOIA","nivel3":"AYUNTAMIENTO DE NOIA"},"sedeElectronica":"noia.sedelectronica.gal","codigoBDNS":"900675","fechaRecepcion":"2026-04-22","instrumentos":[{"descripcion":"SUBVENCIÓN Y ENTREGA DINERARIA SIN CONTRAPRESTACIÓN "}],"tipoConvocatoria":"Concurrencia competitiva - canónica","presupuestoTotal":93708,"mrr":false,"descripcion":"CONVOCATORIA DE AYUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR Y PARA LA FINANCIACIÓN DEL SERVICIO DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2026-2027","descripcionLeng":"CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E PARA O  FINANCIAMENTO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2026-2027","tiposBeneficiarios":[{"descripcion":"PERSONAS FÍSICAS QUE NO DESARROLLAN ACTIVIDAD ECONÓMICA"}],"sectores":[{"descripcion":"Educación preprimaria","codigo":"85.1"},{"descripcion":"Educación primaria","codigo":"85.2"},{"descripcion":"Otra educación","codigo":"85.5"}],"regiones":[{"descripcion":"ES11 - GALICIA"}],"descripcionFinalidad":"Educación","descripcionBasesReguladoras":"BASES REGULADORAS DE LA CONCESIÓN DE LAS  AYUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR Y PARA LA FINANCIACIÓN DEL SERVICIO DE COMEDOR ESCOLAR.","urlBasesReguladoras":"https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/06/07/2021_0000004775.html","sePublicaDiarioOficial":true,"abierto":false,"fechaInicioSolicitud":null,"fechaFinSolicitud":null,"textInicio":"DÍA SIGUIENTE A LA PUBLICACIÓN EN EL BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA (BOP)","textFin":"QUINCE DÍAS HÁBILES SIGUIENTES A LA FECHAE DE INCIO (FECHA DE PUBLICACIÓN EN EL BOP)","ayudaEstado":null,"urlAyudaEstado":null,"fondos":[],"reglamento":null,"objetivos":[],"sectoresProductos":[],"documentos":[{"id":1440383,"descripcion":"Documento de la convocatoria en español","nombreFic":"DECRETO 2026-1068 [RESOLUCIÓN APROBACIÓN CONVOCATORIA DE LAS AYUDAS MARETRIAL Y COMEDOR ESCOLAR-CURSO 2026-2027].pdf","long":575997,"datMod":"2026-04-22","datPublicacion":"2026-04-22"},{"id":1440392,"descripcion":"MODELO DE SOLICITUDE","nombreFic":"Solicitude axudas material e comedor escolar-2026-2027.pdf","long":65762,"datMod":"2026-04-22","datPublicacion":"2026-04-22"},{"id":1440387,"descripcion":"MODELO DE SOLICITUD","nombreFic":"Solicitud ayudas material y comedor escolar-2026-2027.pdf","long":67277,"datMod":"2026-04-22","datPublicacion":"2026-04-22"},{"id":1440384,"descripcion":"Documento de la convocatoria en lengua cooficial","nombreFic":"DECRETO 2026-1066 [RESOLUCIÓN-APROBACIÓN CONVOCATORIA DAS AXUDAS MATERIAL E COMEDOR ESCOLAR-CURSO 2026-2027].pdf","long":588833,"datMod":"2026-04-22","datPublicacion":"2026-04-22"}],"anuncios":[{"numAnuncio":209710,"titulo":"CONVOCATORIA DE AYUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR Y PARA LA FINANCIACIÓN DEL SERVICIO DE COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2026-2027","tituloLeng":"CONVOCATORICONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DO MATERIAL ESCOLAR E PARA O FINANCIAMENTO DO SERVIZO DO COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2026-2027A DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DO MATERIAL ESCOLAR E PARA O FINANCIAMENTO DO SERVIZO DO COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2026-2027","texto":"
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Vista a proposta das bases reguladoras das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria, aprobada na sesión plenaria celebrada o día 27 de maio de 2021.

Vista a proposta de modificación da cláusula terceira das bases reguladoras das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria, aprobada na sesión plenaria celebrada o día 30 de maio de 2024.

Vista a proposta de modificación da cláusula Terceira e da cláusula Sexta.A.2 das bases reguladoras das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria, aprobada na sesión plenaria celebrada o día 29 de maio de 2025.

Vistos os artigos 19.2 da Lei galega de subvencións e o 23.2 da Lei xeral estatal, reguladores da convocatoria das axudas concedidas en réxime de concorrencia competitiva.

No uso das competencias atribuídas á Alcaldía, pola Lei de bases do réxime local e pola normativa aplicable en materia de subvencións, e demais normativa de xeral aplicación,

RESOLVE:

PRIMEIRO.- Aprobar a convocatoria para o curso 2026-2027 das axudas para adquisición de libros de texto e material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria, en réxime de concorrencia competitiva, nos seguintes termos:

Primeira: Beneficiarios.

Poderán ter a condición de beneficiarias as familias que cumpran os seguintes requisitos mínimos:

Todos os membros da unidade familiar deberán estar empadroados no Concello de Noia, cun mínimo de 6 meses de antigüidade, agás os supostos excepcionais previamente acreditados polos servizos sociais municipais.

Ter algún fillo/a matriculado/a nalgún curso de educación infantil ou primaria, nun centro público ou concertado sito no termo municipal de Noia, para o curso 2026-2027.

Non superar os ingresos brutos per cápita da unidade familiar en que estea integrado o/a neno/a, a cantidade do salario mínimo interprofesional anual correspondente ao ano 2024 (15.876€).

Segunda: Obxecto e finalidade das axudas.

As axudas que se convocan teñen coma obxecto o cofinanciamento da adquisición dos libros de texto e material didáctico, e do servizo do comedor escolar, dos alumnos de ensinanza infantil e primaria, así coma dos centros de ensino especial, nos supostos nos que non sexa posible a escolarización nos centros de Noia.

Con estas axudas perséguese a correcta escolarización dos nenos/as pertencentes ás familias empadroadas no Concello de Noia, que cumpran os requisitos da base 5ª. Igualmente, perséguese facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, mediante a axuda do financiamento do comedor escolar.

Terceira: Bases Reguladoras

A presente convocatoria se rixe polas Bases reguladoras publicadas no BOP núm. 105, do sete de xuño de 2021, dispoñible en:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=07/06/2021

A presente convocatoria se rixe, así mesmo, polas Bases reguladoras modificadas e publicadas no BOP núm. 115, do catorce de xuño de 2024, dispoñible en:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/06/14/2024_0000004110.pdf

A presente convocatoria se rixe, así mesmo, polas Bases reguladoras modificadas e publicadas no BOP núm. 108, do nove de xuño de 2025, dispoñible en:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=09/06/2025

Así mesmo, atópanse publicadas no portal de transparencia da sede electrónica do Concello de Noia (https://noia.sedelectronica.gal/transparency) e na web municipal (http://www.concellodenoia.gal).

Cuarta: Contía das axudas

A contía das axudas variará en función da renda per cápita familiar, sen que en ningún caso poda superar o 100%.

A contía das axudas para adquisición de libros de texto e material escolar ascenderá a 40 € se a renda per cápita familiar é igual ou inferior a 15.876 €.

A contía das axudas para o financiamento do comedor escolar se outorgarán segundo o seguinte criterio económico:

Para a renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.292 € ascenderá a 60 €/mes, agás os meses de setembro e xuño nos que o importe da axuda ascenderá ao 70% do concedido (42€).

Para a renda per cápita familiar superior a 5.292 € e igual ou inferior a 9.000 € ascenderá a 40 €/mes, agás os meses de setembro e xuño nos que o importe da axuda ascenderá ao 70% do concedido (28€).

Quinta: Dotación orzamentaria.

A dotación orzamentaria para a concesión das subvencións, tanto para libros e material coma para o comedor escolar, atópanse consignadas na partida 3261 48000 “Actividades complementarias á Educación: Axudas libros e comedor escolar”.

Do crédito definitivo consignado, consta unha retención de crédito para material escolar por importe de 15.668 €, identificada co número 220260003142.

A retención realizada para a concesión das subvencións para o servizo de comedor escolar ascende a 30.636 €, no que ao exercicio 2026 se refire (operación núm. 220260003141), xa que neste caso, resultan afectados dous exercicios diferentes; así, para o exercicio 2027, deberase consignar a cantidade necesaria, que ascenderá a 47.196 € (o que fai un total de 77.832 €).

En calquera caso, os meses de setembro e de xuño só se financiará o 70% do importe outorgado mensualmente.

A dotación orzamentaria destinada a calquera dos dous tipos de axudas poderá ser complementada de consideralo necesario e sempre que exista a previa dotación orzamentaria.

Unha vez adxudicadas as axudas para adquisición de libros de texto e material escolar, de existir remanente, este pasará a incrementar a retención para os comedores escolares.

Sexta: Presentación das solicitudes e prazo.

As solicitudes para participar axustaranse ao modelo establecido que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e tamén está á disposición dos/as interesados/as na sede electrónica do Concello.

A presentación de solicitudes, unha vez cumprimentadas polos interesados, farase no Rexistro Xeral do Concello ou tamén a través da sede electrónica do Concello de Noia e na forma establecida no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As solicitudes deberanse presentar no prazo de quince días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no Boletín Oficial da provincia de A Coruña, data na que se dará publicidade no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Noia.

Sétima: Documentación que se achegará xunto á solicitude.

Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

Documento de solicitude no modelo normalizado.

Fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar; no seu defecto, poderase presentar fotocopia do libro de familia, na que consten tódolos membros.

Acreditación da capacidade económica:os ingresos anuais, segundo as circunstancias familiares, poderán xustificarse mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos, sempre referidos á anualidade do 2024:

Fotocopia da declaración da renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2024.

Os solicitantes que o desexen poderán autorizar ao Concello de Noia a solicitar ante a AEAT os datos relativos ao imposto sobre a renda das persoas físicas requiridos.

No caso de que os ingresos anuais, segundo as circunstancias familiares, non se imputen na declaración da renda das persoas físicas correspondente ao exercicio 2024, será obrigatorio acreditar a existencia ou inexistencia de ditos ingresos correspondentes ao exercicio 2024, mediante algún dos seguintes documentos:

1.- Certificado do INEM, no caso de recibir prestación ou subsidio de desemprego,correspondente ao exercicio 2024.

2.- Certificación do Instituto da Seguridade Social ou organismo correspondente, correspondente ao exercicio 2024, no caso de percibir unha pensión contributiva de xubilación, invalidez, viuvez ou orfandade....

3.- Certificación acreditativa dos ingresos correspondente ao exercicio 2024 no caso de percibir ingresos procedentes de pensións non contributivas, fondos de asistencia social, rendas de integración social de Galicia ou da lei de integración social das persoas con discapacidade.

4.- Calquera outro documento que acredite a existencia ou inexistencia dos ingresos correspondente ao exercicio 2024.

Para os casos nos que a capacidade económica da unidade familiar experimentara un deterioro significativo en relación co exercicio utilizado para a análise da capacidade económica, os solicitantes interesados poderán manifestar tal circunstancia acreditando a nova situación económica, achegando a documentación xustificativa correspondente ao exercicio 2025, así coma a correspondente ao exercicio 2024 (coa finalidade de acreditar o deterioro). Así mesmo, deberán acreditar documentalmente o motivo do deterioro económico (despido, liquidación empresarial, etc.).

Excepcionalmente, para aqueles casos que consten nos servizos sociais do Concello cualificados coma de problemática social grave, a solicitude poderá ser instada de oficio por estes. Neste caso, a documentación anterior será substituída pola documentación que considere a educadora familiar, así coma o seu informe.

En calquera caso, é obrigatoria a acreditación da existencia ou inexistencia dos ingresos correspondente ao exercicio 2024, mediante a documentación antes citada ou mediante o correspondente informe sociofamiliar.

Oitava: Exame das solicitudes.

O exame das solicitudes implicará a comprobación previa tendente a verificar que os solicitantes reúnen os requisitos esixidos.

No caso de que algunha das solicitudes tivese algún erro ou omisión emendable, seralle comunicado aos interesados para que no prazo máximo e improrrogable de cinco días naturais poida emendar a falta.

Se os erros non se corrixisen ou non se cumprisen os requisitos mínimos para ser beneficiario, non se admitirá a solicitude.

Os únicos criterios que se utilizará para adxudicar as axudas será a renta per capita e a necesaria existencia de consignación orzamentaria. Así, as solicitudes ordenaranse de menor a maior renta per capita, tendo en conta as seguintes definicións:

RENDA PER CÁPITA FAMILIAR: esta é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal correspondente aos dous exercicios anteriores á convocatoria das axudas, entre o número de membros da unidade familiar.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros da unidade familiar que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas.

MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR: Entenderase coma unidade familiar ó núcleo formado polo matrimonio ou parella de feito (aínda que non estea legalmente constituída coma tal e sempre conforme aos datos do padrón), así coma os ascendentes e descendentes menores de vinte e cinco anos que convivan con eles no mesmo domicilio. Nos casos nos que algún dos membros da unidade familiar así entendida, estea afectado por unha discapacidade legalmente cualificada, que resida no mesmo domicilio e dependa economicamente dos ingresos familiares, computará do seguinte xeito:

Cando a discapacidade sexa igual ou superior a un 33% e inferior a un 65%, esa persoa computará coma dous membros.

Cando a discapacidade sexa superior a un 65%, esa persoa computará coma tres membros.

Novena: Órgano de instrución e resolución. Prazo de resolución e notificación.

O órgano instrutor será o alcalde ou o/a concelleiro/a no que delegue as competencias en materia de ensino, sendo o órgano competente para a resolución o alcalde ou o/a concelleiro/a no que delegue as competencias en economía e facenda.

A resolución ditarase no prazo máximo de tres meses desde a data de finalización da presentación das solicitudes.

Deberá ser notificada aos interesados para que no prazo máximo de dez días realicen a aceptación da axuda,e para o caso dos beneficiarios para o financiamento do servizo de comedor, deberán presentar un compromiso de permanencia no servizo durante o curso escolar 2026-2027. Este compromiso revisarase cada tres meses e no caso de que o beneficiario non teña intención de continuar utilizando o servizo de comedor, deberá presentar a renuncia á axuda deste servizo a través do rexistro de entrada do Concello ou a través da sede electrónica do Concello de Noia.

Esta notificación realizarase de forma colectiva mediante a inserción do lista no taboleiro de anuncios do Concello, identificando cada solicitude co número de rexistro de entrada asignado á solicitude.

A resolución definitiva de concesión porá fin á vía administrativa, polo que contra a mesma se poderá interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante concelleira de economía e facenda, no prazo dun mes contado desde o día da recepción da notificación da presente ou desde a súa publicación, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do contencioso administrativo no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente

Décima: Prazo de xustificación

Unha vez aceptadas as axudas, o Concello entregará un xustificante acreditativo da condición de beneficiario, podendo este:

No supostos das axudas para material escolar: recoller o material escolar en calquera libraría-papelería ou establecemento colaborador do Concello de Noia, canxeando o documento correspondente antes do 30 de novembro do ano en curso, debendo as librarías achegar as facturas ao Concello antes do 15 de decembro do ano en curso.

No suposto dos bonos do comedor: O Concello informará aos centros educativos ou a ANPA (como entidade encargada da xestión do comedor) dos alumnos que resultaron beneficiarios da axuda de comedor co fin de que lle emitan o recibo coa redución do importe concedido.

SEGUNDO.- Publicar a convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e un extracto no Boletín oficial da provincia da Coruña, así coma no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Noia.

TERCEIRO.- Dar traslado da presente resolución á Intervención e ao Pleno da Corporación na próxima sesión que se celebre.

CUARTO.- A presente resolución pon fin á vía administrativa, polo que contra a mesma se poderá interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día da recepción da notificación da presente ou desde a súa publicación, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do contencioso administrativo no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

O Alcalde                                                                                                 O secretario accidental,

Francisco Pérez Caamaño                                                                        Eduardo Manuel Martínez García.

","textoLeng":"

","url":"https://bop.dacoruna.gal/bopportal/descargarPdf.do?fecha=20260427&numRegistro=2026/0000002574.pdf","cve":"2026/2574","desDiarioOficial":"B.O.P. DE A CORUÑA","datPublicacion":"2026-04-27"}],"advertencia":"La reutilización de los datos del Sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones y Ayudas Públicas está sujeta a una serie de restricciones y consideraciones legales. Consulte el aviso legal en https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/avisolegal.Además, el usuario debe ser consciente que la información presentada es de naturaleza dinámica, y que los datos pueden ser sometidos a correcciones, inserciones, modificaciones y eliminaciones en momentos posteriores a su extracción. Accesos al API del sistema Nacional de Publicidad de Subvenciones y Ayudas Públicas. La Administración Presupuestaria, para salvaguardar la protección del acceso libre e irrestricto de los ciudadanos a este Portal y a su información podrá adoptar medidas restrictivas de acceso al API ante situaciones de manifiesto abuso del servicio, riesgos de seguridad, o uso fraudulento de la información descargada, de acuerdo con las buenas prácticas de gestión de datos abiertos (https://datos.gob.es/es/blog/limitaciones-la-consulta-de-una-api) establecidas por el Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública."}